+034 986 09 02 04 Luns 22 de Outubro de 2018

27 de abril, día do Emprego e o emprendemento no Concello de Ribadumia


O Concello de Ribadumia informa que o próximo día 27 de abril, será un día adicado o emprego e o emprendemento, xa que cremos son dúas áreas a potenciar posto que conforman o motor económico para os veciños e veciñas do municipio.
Búscase así achegar as ferramentas tanto os veciños que busquen un emprego por conta allea como a aqueles que pensen en crear o seu propio posto de traballo.
Para o Día do emprego e o emprendemento, dende o Concello de Ribadumia estase a organizar un día de actividades que se repartirán en dous bloques.
Por un lado a mañá será adicada o emprego, onde dende as 10 ata as 14 h, terán cabida etts, e técnicos especialistas en redes sociais e busca de emprego, que achegarán a todos os asistentes tanto a posibilidade de ter entrevistas persoas neses mesmos intres, como a formación a través de dous obradoiros:
• Un será a búsqueda de emprego en internet, onde aprender a empregar as redes sociais para este fin así como outras plataformas.
• E o seguinte dará as nocións e técnicas para afrontar con éxito un proceso de selección.
Xa pola tarde, as 20 h, chega o momento do emprendemento,onde profesionais da xestión de financiación pública e privada, nos mostrarán as principais características das liñas de subvención para proxectos neste ano 2017 así como nos achegarán a como facer ou a importancia que ten o Plan de negocio, principal carta de presentación de calquera proxecto a hora de solicitar financiación.
Todas as actividades terán lugar na Casa de Cultura de Ribadumia.
E para asistir é preciso inscribirse, ata o día antes, no Concello en horario de 8 a 15 horas, por teléfono no 986718491/99 ou no formulario que aparece na web www.ribadumia.org.

Deja un comentario