+034 986 09 02 04 Domingo 24 de Xuño de 2018

Salvaterra e As Neves aproban a solicitude conxunta dun obradoiro de emprego de enoturismo


PARTICIPARAN 10 PERSOAS DE CADA CONCELLO E SERÁ O PRIMEIRO QUE SE REALIZA DESTA ESPECIALIDADE EN GALICIA

O Concello de Salvaterra de Miño liderara a solicitude dun obradoiro de emprego conxunto co Concello de As Neves denominado VIÑOCULTURA SAN. Estes dous Concellos na súa aposta clara para mellorar a situación de desemprego e formativa dos seus veciños e veciñas céntranse nun recurso económico moi importante para a zona como é a viticultura, que día a día crece, e crece sobre todo como recurso turístico en si, xa que o etnoturísmo e un sector en alza que achega a centos de visitantes a nosa zona. Salvaterra e As Neves encóntranse dentro da DO Rías Baixas, Subzona do Condado do Tea, unha zona excepcional para a produción e venta de viño. Xa solo Salvaterra conta con máis de 2000 viticultores inscritos no Consello Regulador e máis de 20 adegas, entre grandes e pequenas, que día a día están apostando máis polo turismo, abrindo as súas portas aos visitantes.
É neste contesto no que ámbolos dous Concellos, conscientes da importancia destes dous eixos económicos estratéxicos, deciden realizar a solicitude deste Obradoiro de Emprego de enoturismo denominado VIÑOCULTURA SAN, unha experiencia pioneira a nivel de Galicia.
Plantéxanse dúas especialidades formativas principais, para a impartición dos certificados de profesionalidade, por un lado o eixo de turismo, que inclúe os certificados de Promoción turística local e información ao visitante e o de Venda de servicios e produtos turísticos. Por outro lado o o eixo de viticultura, que inclúe o certificado de profesionalidade de Elaboración de viño e licores e o certificado de Enotecnia. En cada especialidade participaran 10 alumnos-traballadores de cada concello, cun total 20 alumnos-traballadores, que é o máximo que permite a convocatoria de solicitudes.
A duración do Obradoiro de Emprego está prevista para nove meses, que irían de outubro deste ano a xuño de 2018, cun total de 2160 horas de formación teórico-práctica. O requisito fundamental para participar no Obradoiro é estar inscrito como demandante de Emprego na Oficina de Emprego de Ponteareas, terán preferencia para participar no proceso de selección as persoas beneficiarias da RISGA, así como aquelas que, tendo prevista a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional, teñan especiais dificultades de inserción no mercado de traballo, tales como as persoas mozas menores de 30 anos, as mulleres en xeral, as mulleres vítimas de violencia, o persoal traballador que esgotou as prestacións e subsidios por desemprego, as persoas paradas de longa duración ou as persoas maiores de 45 anos, entre outros colectivos. O tribunal de selección do alumnado estará formado por un grupo de traballo mixto, de persoal técnico de ámbolos dous concellos e persoal técnico da Xunta.

Deja un comentario