+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Decembro de 2019

180 deportistas compiten este mércores no Pavillón Municipal do Porriño nunha nova xornada da liga galega de baloncesto organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado


O Pavillón Municipal do Porriño volve a ser o escenario dunha nova xornada da Liga Galega de Baloncesto organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA).
En total, 180 deportistas, pertencentes a 18 equipos, enfrontaranse en 17 encontros programados dende as 10 e media da mañá ata as 2 menos cuarto da tarde deste mércores día 3 de maio.
Os partidos se xogarán, na modalidade de ‘Competición’, en catro tempos de 8 minutos e campo regulamentario, no caso da modalidade ‘Adaptada’, serán 4 tempos de 6 minutos, 5 contra 5.
En Competición Masculina, enfrontaranse Aspanaex, Asdan, San Rafael, San Xerome e Saladino Cortizo; no caso da Competición Feminina, San Xerome e Esclavas; Adaptada Masculina: Juan XXIII ‘B’, San Rafael e Asdan e en Adaptada Mixta: Prioriño, Méndez Núñez ‘A’, Saiar, Aceesca, Saladino Cortizo, Aspavi e Méndez Núñez ‘B’.
Como anunciara hai xa un ano Manuel Carrera, tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, O Porriño seguirá sendo sede desta competición e “pon a dispor dos deportistas, adestradores, seareiros e da Federación Galega de Deporte Adaptado, tanto o propio Pavillón Municipal coma toda a colaboración que poida brindar o Concello”.

Deja un comentario