+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

Máis dun ano pagando por uns terreos en A Canicouva sen darlles uso


Os populares volven a solicitar un informe sobre as tarefas que se están a desenvolver nos terreos de A Canicouva

Tras cumprirse 30 meses dende que Lores asinou o contrato de aluguer dos terreos de A Canicouva para a instalación dunha planta de compostaxe, os populares volven a solicitar un informe sobre os traballos que se están a levar alí.
Tal e como fixeron no mes de febreiro do pasado ano 2016, a formación que encabeza Jacobo Moreira esixe coñecer que tarefas se están a desenvolver nestes terreos polos que o Concello de Pontevedra paga anualmente 20.000 euros á Comunidade de Montes de A Canicouva.
“O pasado ano os enxeñeiros municipais corroboraron as nosas sospeitas, o BNG de Lores fixo perder aos veciños de Pontevedra 20.000 euros ao pagar polo aluguer duns terreos que non se utilizaron para nada”, lembrou o edil popular, “lamentablemente todo apunta a que agora se malversarán outros 20.000 euros máis”, engadiu.
“Levamos máis de dous anos sen coñecer un proxecto definido sobre o uso destes terreos e sen saber nada sobre a construción da planta de compostaxe que se ía instalar alí”, sinalou Jacobo Moreira. “O Concello está alugando uns terreos para construír unha planta de compostaxe da que non existe nin proxecto. Trátase dunha conduta inadmisible e inxustificable”, puntualizou.
Interpelación no vindeiro Pleno sobre a homenaxe a Fidel Castro.
A raíz da participación do Goberno Local o pasado fin de semana nun acto de homenaxe ao ditador Fidel Castro, o portavoz popular, Jacobo Moreira, solicitará explicacións ao Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores no vindeiro Pleno Municipal.
A través dunha interpelación, o portavoz dos populares esixe aclaracións sobre “o uso partidista que fixo Lores do nome dunha institución, o Concello de Pontevedra, e por ende, o nome de todos pontevedreses, para honrar a un ditador, así como a utilización dun espazo público no que se desenvolveu dito acto, o Teatro Principal”, sinalou.

Deja un comentario