+034 986 09 02 04 Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Pazos de Borbén acolle este domingo a quinta proba da I Copa Promoción de Badmington de Galicia


A iniciativa conta co apoio da consellería de deportes da Xunta de Galicia e busca impulsar a práctica deste deporte entre os máis novos

O pavillón de deportes municipal de Pazos de Borbén será o escenario este fin de semana da quinta proba de puntuable da I Copa Promoción de Bádminton de Galicia. O alcalde, Andrés Igrexas, presentou esta mañá o evento xunto á organizadora, a presidenta do Club Bádminton Tui, Marisa Giráldez, e o concelleiro de deportes, Fran Amoedo.
A proba acollerá a máis de 100 mozos deportistas, dos 8 aos 14 anos, entre os que se atoparán unha decena de representantes locais. Mozos dispostos a probar un deporte que día a día, e grazas aos éxitos de estrelas como Carolina Martín, gaña adeptos debido a “a súa rápida curva de aprendizaxe e a accesibilidade do equipo necesario para a súa práctica, unha rede e dúas raquetas”, afirma Marisa Giráldez.
O campionato dará comezo a partir das 10:00 da mañá do domingo e acollerá a competición de tres categorías, benjamines, alevíns e infantís. Os puntos obtidos por cada participante rexistraranse nunha clasificación xeral de todas as probas disputadas ata o momento e á que se sumará a última e definitiva, que se celebrará en Vigo o 13 de maio, e tras a cal se entregarán os premios aos vencedores de cada categoría.
O concelleiro de deportes de Pazos de Borbén, Fran Amoedo, agradeceu á presidenta do Club Bádminton Tui o seu traballo para sacar adiante este campionato e “permitir aos mozos de Pazos de Borbén gozar doutro deporte diferente”, ao que engadiu, “o deporte en Pazos de Borbén está nun momento doce, co equipo de fútbol sala loitando por ascender e con máis actividades que nunca. A ver se temos sorte e un dos nosos veciños convértese en campión de bádminton”, finalizou o edil.

Deja un comentario