+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Decembro de 2018

Máis de corenta escolares disfrutaron hoxe dunha xornada educativa e medioambiental no monte de Pereiras


Alumnos do Colexio de Atín prantaron máis de 20 árbores gracias á colaboración da Comunidade de Montes

O CEIP de Atín e a Comunidade de Montes de Pereiras organizaron unha xornada de convivencia adicada á prantación de árbores en terreos do monte comunal da parroquia de Pereiras, que contou coa colaboración do Concello de Mos.

En representación da administración local participou nesta iniciativa celebrada ó longo da mañá de hoxe a edil responsable da concellería de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón. Por parte da Comunidade de Montes estivo presente o seu vogal, Manuel Álvarez.

Os 41 alumnos e alumnas de 1º (24 nenos e nenas) e 2º (17 nenos e nenas) cursos de Educación Primaria do Colexio de Atín prantaron máis de 20 árbores, entre nogueiras e castiñeiros. As nogueiras foron doadas pola Comunidade de Montes de Pereiras e os castiñeiros os prantaran previamente, fai xa cinco meses, en macetas a partir de castañas os propios escolares do centro, como actividade formativa do Magosto incluída no programa do curso escolar. Con esta prantación os cativos participantes puideron comprobar de primeira man cales son as fases do ciclo vital das árbores e que elementos precisan para o seu óptimo desenvolvemento.

Os 41 escolares do CEIP de Atín levaban cinco meses regando e coidando as castañas que peviamente prantaran nunha maceta como parte da programación escolar. Esta é unha iniciativa que neste colexio levan desenvolvendo dende fai xa nove anos, e esta é a quinta edición que realizan en colaboración coa Comunidade de Montes de Pereiras.

A actividade consistiu nunha mañá de convivencia durante a que os escolares saíron ó monte a realizar a prantación. Cada dous cativos prantaron unha árbore, actividade coa que se pretende fomentar a concienciación medioambiental e o amor e o respecto pola natureza; así coma a educación para a prevención de incendios forestais debidos a malas prácticas nos montes da nosa comunidade autónoma.

Dende a Comunidade de Montes declararon sentirse moi satisfeitos e orgullosos de poder colaborar tanto co Concello de Mos como coa comunidade escolar mosense en actos tan enriquecedores coma este.

O representante da Comunidade de Montes de Montes de Pereiras explicoulles tamén ós 41 pequenos participantes cales son as funcións dos comuneiros. Pola súa banda, os mestres do Colexio de Atín, declararon que dende o centro educativo están moi interesados en que os alumnos e alumnas coñezan o contorno do lugar no que estudan con iniciativas coma a realizada hoxe.

Deja un comentario