+034 986 09 02 04 Domingo 27 de Setembro de 2020

O Concello de Salvaterra de Miño reparte unha nova remesa de composteiros


Dende o departamento de Medio Ambiente do Concello levamos anos traballando para reforzar e concienciar sobre a reciclaxe e o sistema de recollida selectiva, ademais de facer un gran esforzo para achegar este servicio a todos os nosos veciños e veciñas, co fin de seguir reducindo a cantidade de lixo enviado ao contenedor verde, e así mellorar o noso medio ambiente, xa que esa será a herdanza que lle deixamos aos nosos fillos e fillas. Nas ultimas datas coa colaboración de Sogama iniciamos un proxecto de compostaxe caseira, polo que seguiremos apostando e que sigue aberto a todos aqueles que queiran participar.
Hai uns meses que empezamos con este proxecto no que participaron 25 familias, e o resultado esta a ser moi bo, polo que decidimos seguir potenciando este sistema e colaborar con máis veciños. Hoxe fixemos a entrega de 16 composteiros, pero seguiremos traballando para chegar a moitas máis, xa que toda aquela persoa que teña unha casa pode participar e crear o seu propio compost para utilizalo na súa finca ou no seu xardín, unha maneira ecolóxica e natural de traballar, pero sobre todo unha maneira de coidar o noso medio ambiente, algo do que cada día somos máis conscientes, e esperamos chegar a moitas máis casas.
Nestes momentos tamén se está estudando a posibilidade de facer un sistema de recollida de compost no Casco urbano. O Concello segue traballando e apostando firmemente polo Medio Ambiente, Salvaterra é un dos Concellos con máis metros cadrados de zonas verdes por habitante.

Deja un comentario