+034 986 09 02 04 Domingo 24 de Xuño de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O Consorcio Universitario da UNED de Pontevedra celebra a primeira Xunta Reitora do curso académico


Presidida pola Presidenta da Deputación, Carmela Silva, a Xunta procedeu á liquidación do exercicio 2016 e aprobou a petición de Portas para a apertura dunha Aula Universitaria

 

A Xunta Reitora do Consorcio Universitario do Centro Asociado á Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) en Pontevedra acordou, a aprobación da petición realizada polo Concello de Portas para a apertura dunha Aula Universitaria no municipio, que agora queda pendente da ratificación da Sede Central da UNED. Ademais, o órgano de goberno do Centro pontevedrés deu luz verde ao inicio da tramitación da solicitude para impartir o novo Grau universitario de Criminoloxía que se sumará á oferta de estudos oficiais da Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Por outra parte, a Xunta Reitora do Consorcio procedeu á liquidación do exercicio económico do ano 2016. O total de gastos do Centro da UNED de Pontevedra ascendeu a 1.667.611,68 €, repartidos en: 65% -coste do persoal laboral, 8,47% -persoal directivo, 8,10% -seguros sociais de todo o persoal do Centro, 3,51%-gasto corrente, 0,04%- gastos financieiros, 54.96%- gasto total destinado á docencia e 3.27%-gasto total das obras realizadas.

O informe económico presentado detalla tamén o incremento dos ingresos propios, procedentes, na súa maior parte, da explotación da extension universitaria do Centro, que xa se convertiu na súa terceira fonte de ingresos, representando un 12,65% do total por detrás da aportación da Sede Central da UNED (37,03%) e a Deputación de Pontevedra (17,54%).

Órgano de control e tutela
A Xunta Reitora é o órgano de control e tutela da UNED, composto por representantes de todas as entidades responsables do centro de estudos a distancia. Á reunión de hoxe, presidida pola Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, tamén asistiron o Vicerrector adxunto de Centros Asociados da UNED, Vicente Pérez; o Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o Director de ENCE, Antonio Casal; o representante do alumnado do Centro en Pontevedra, Benito López Pazos; a representante de tutores, Milagros Lores; o representante do PAS, Rafael Cotelo; a Secretaria do Centro, María Troncoso, e a Directora, Beatriz Rodríguez López.

Deja un comentario