+034 986 09 02 04 Xoves 18 de Xaneiro de 2018

O concello inaugura este luns o composteiro da rúa Xosé María Estévez


Este centro de compostaxe comunitaria é o segundo que se instala no municipio no marco do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra

O Concello de Bueu inaugurará este luns, ás 19.30 horas, o composteiro comunitario situado na rúa Xosé María Estévez, o segundo que se instala na vila no marco do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, e no que poderá participar a veciñanza que o desexe.
O lugar no que vai funcionar este composteiro é unha parcela máis grande que se vai axardinar, e na que se vén de culminar estes días unha área de petanca para fomentar o seu uso e disfrute entre as persoas interesadas neste xogo tradicional. Esta actuación “supón unha mellora ambiental duns terreos cheos de vexetación que terán unha nova función de área de lecer”. Ademais, segundo apuntou o concelleiro de obras, mellorouse considerablemente a accesibilidade a esta zona.
Con esta mellora, o goberno tamén está sopesando a instalación dun asador que favorecerá que as persoas do lugar en particular, e veciños e veciñas en xeral, para a preparación dos seus asados.
Composteiros individuais
Por outra banda, desde o executivo local estanse levando a cabo os trámites necesarios con SOGAMA, e nas próximas semanas agárdase que cheguen ao Concello unha cincuentena de composteiros individuais para repartir entre a veciñanza no marco dun convenio entre ambas entidades para reducir os residuos orgánicos. Neste sentido, o Concello organizará unha charla para informar e inscribir ás persoas interesadas en participar desta iniciativa, que se celebrará seguramente o 15 de maio.

Deja un comentario