+034 986 09 02 04 Venres 17 de Novembro de 2017
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O Goberno de Carmela Silva aproba achegas por valor de preto de 900.000 euros para oito concellos da provincia


As achegas enmárcanse na liña 1 do Plan Concellos 2017 que leva xa concedidos case 8 millóns de euros nestes primeiros meses do ano

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou axudas por valor de preto de 900.000 euros para que oito concellos da provincia poidan levar a cabo proxectos ao abeiro da liña 1 do “Plan Concellos 2017”. A Presidenta da Deputación de Pontevedra sinalou que “a través desta liña, dedicada a investimentos, estamos a permitir que núcleos de poboación da nosa provincia poidan poñer en marcha proxectos e actuacións para dotalos de infraestruturas, en moitas ocasións básicas, e garantir, así, a calidade de vida das súas veciñas e veciños”.

Carmela Silva puxo en valor esta aprobación, que ascende a 894.512,28 €, a través da cal Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Cuntis, Nigrán, Oia, Redondela e Ribadumia poderán poñer en marcha proxectos como “humanizacións e acondicionamentos de rúas e camiños municipais, impulsar e optimizar a rede de saneamento, construír almacéns municipais ou mellorar a subministración de electricidade”.

En concreto, Cambados recibirá 147.712,14 € para a humanización das rúas de Ourense e Pontevedra, Campo Lameiro 97.105,50 € para a mellora de camiños en San Isidro, Laxe, Morañó e Gargallóns e Cangas 151.802,90 € para a humanización das rúas Baiona e Méndez Núñez. Amais, Cuntis recibirá 100.000 € para o saneamento da Casiña, Nigrán 88.585,29 € para a adquisición dunha parcela na que construír un almacén municipal, Oia 106.901,04 € para unha actuación integral no camiño de Refoxos, Redondela 135.360,92 € para a instalación de coletores de saneamento entre o Colexio de Porto Cabeiro ata a estrada N-550 e a Ribadumia 67.044,49 € para a legalización da subministración de electricidade.

As axudas aprobadas ata a data pola Deputación de Pontevedra dentro da liña 1 do “Plan Concellos 2017” ascenden a un total de 7.796.592,68 €, isto supón un 30,28 % do destinado a investimentos. Esta é a liña con maior dotación económica do programa e, cun orzamento de 25.750.000 € (fronte aos 25 millóns de 2016) significa o 62,5 % do total do plan.

O “Plan Concellos 2017” ten asignado para este curso unha dotación de 41,2 millóns de euros, unha partida un 3% maior que a aprobada no ano anterior e que entre as súas tres liñas estratéxicas leva aprobado xa máis de 26 millóns de euros dende xaneiro.

Deja un comentario