+034 986 09 02 04 Mércores 27 de Maio de 2020
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A profesora Josefina Ling ofrecerá na Casa das Artes unha visita guiada e de balde á exposición “Con A de Astrónomas”


 

A mostra, promovida polas áreas de igualdade do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra, estará aberta ao público ata o 14 de maio
A profesora de Astronomía e Astrofísica da Universidade de Santiago de Compostela e comisaria da exposición “Con A de Astrónomas”, Josefina F. Ling, ofrecerá o próximo mércores 10 de maio unha visita guiada por esta mostra, na que as e os asistentes terán a oportunidade de coñecer máis de preto os traballos de investigación e descubrimentos realizados por numerosas mulleres científicas do campo da astronomía ao longo da historia. A entrada será libre ata completar o aforo.

“Con A de Astrónomas” é unha iniciativa promovida polas áreas de Igualdade do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra que leva dende o pasado 22 de marzo aberta ao público na primeira planta da Casas das Artes de Vigo e que pechará as súas portas o 14 de maio. A exposición é o resultado dunha iniciativa do grupo «Ella es una astrónoma» formado por profesionais do campo da astronomía, a filosofía, a historia e o ensino, e consiste nunha serie de paneis físicos, elementos interactivos e material de atrezo (réplicas de instrumentos antigos e estatuas) utilizado na película Ágora, dirixida por A. Amenábar, que narra a vida de Hipatia de Alexandría.

Esta mostra é unha viaxe pola historia a través dunha serie de paneis que fan un percorrido entre os principais fitos da astronomía e que pon o foco nas mulleres que dedicaron os seus días ao estudo dos corpos celestes, como Aglaonike, que predecía eclipses de lúa na Grecia clásica a Caroline Herschel, quen, no século XVIII, descubriu cometas e estudou as estrelas binarias. E tamén a investigadoras que na actualidade son punta de lanza na vangarda desta ciencia.

Deja un comentario