+034 986 09 02 04 Venres 24 de Novembro de 2017

A Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela presenta o venres 12 de Maio o seu vindeiro parladoiro


 

Desta vez os protagonistas do mesmo serán dous persoeiros redondeláns da primeira metade do século XX: o músico Reveriano Soutullo e mais o xornalista Diego San José.

Diego San José e Reveriano Soutullo: dúas vidas unidas pola arte é o título da charla proposta, que será relatada polo músico, estudoso, coleccionista e mestre: Alejo Amoedo, quen está a ultimar a súa tese de doutoramento arredor da figura de Reveriano Soutullo.

O venres 12 de maio, ás 20:30h, na Casa da Cultura de Redondela.
Organiza a Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, coa colaboración das bibliotecas municipais.

Alejo Amoedo. O relator do venres 12 de maio.

O pianista Alejo Amoedo é un músico comprometido coa música e os músicos de Galicia, nunha tripla vertente: como intérprete, estreando, gravando e promovendo composicións; como coleccionista, pois posúe unha ampla representación de documentos, partituras, libros e fotos, tanto editadas coma orixinais; e como estudoso das obras e autores que teñen como referencia a Galicia.

Por outra banda, a faceta de pianista acompañante e de cámara, permitiulle realizar numerosas correpeticións de óperas, oratorios e zarzuelas; pianista en cursos e concursos; así como repertorista de instrumentos e voz en distintas institucións musicais, tanto en España como no estranxeiro.

Deja un comentario