+034 986 09 02 04 Xoves 15 de Novembro de 2018

A Escola Municipal de Música de Porriño celebra o seu Festival de Nadal


Celebrarase xoves, 18 de decembro, ás 19.30 horas no Círculo Recreativo Cultural con entrada libre e gratuíta no que os alumnos actuarán nas súas diferentes modalidades

Como cada ano nestas datas, a Escola Municipal de Música de Porriño celebrará o seu festival de Nadal. Será mañá xoves, 18 de decembro, ás 19.30 h no Círculo Recreativo e Cultural.
O programa do concerto está composto por diversas actuacións protagonizadas polos alumnos e profesores das diferentes modalidades e instrumentos, actuando tamén os coros da escola. Deste modo actuarán os alumnos de música e movemento, o coro de alumnos de grao elemental, a coral polifónica, o grupo de guitarras, a orquestra e a banda de música; todo un espectáculo ao que se pode acceder con entrada libre e gratuíta.

Deja un comentario