+034 986 09 02 04 Luns 15 de Outubro de 2018

Medio Ambiente traslada ao concello de Vilaboa as correccións que debe introducir no Plan Xeral de Ordenación para acadar a súa aprobación definitiva


A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo remitiu esta mañá aos responsables do Concello de Vilaboa a orde de non aprobación
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de trasladar ao Concello de Vilaboa as correccións que debe subsanar no Plan Xeral de Ordenación Municipal para acadar a súa aprobación definitiva. Así llo adiantou esta mañá a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, aos responsables do Concello de Vilaboa, aos que informou da emisión da Orde do 11 de maio na que se lles traslada a decisión de non outorgar a aprobación definitiva e na que se lles indican as deficiencias que se deben corrixir.

En relación cos tipos de solo, identifícanse varios erros nas delimitacións dos mesmos, que provocan fusións entre asentamentos ou resultan forzadas nalgún casos. Tampocuo se xustifica a clasificación de varios sectores industriais, que non están recollidos no Plan Sectorial de Áreas Empresariais e tamén deberá aclarar sobre que terreos se levarán a cabo as futuras ampliacións dos cemiterios de Santa Cristina e San Adrián, entre outras cuestións.

Non obstante, a directora xeral de Ordenación do Territorio trasladoulle ás autoridades municipais a total e absoluta colaboración dos responsables e técnicos do departamento que dirixe para axudar aos redactores e responsables municipais na redacción deste instrumento de ordenación, co fin de acadar canto antes a aprobación definitiva do Pxom e poñer fin ás Normas Subsidiarias, polas que se rexe o Concello e que foron aprobadas en 1988.

Deja un comentario