+034 986 09 02 04 Venres 24 de Novembro de 2017
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Escolares doCPI Progreso de Catoira coñecen a exposición ‘Imaxinar a educación.50 anos con frato’ da Deputación


Os rapaces e rapazas de 5º de Primaria realizaron xogos e experimentos ademais de coñecer as viñetas de Francesco Tonucci

Un grupo de 35 rapaces e rapazas de 5º de Primaria do CIP Progreso de Catoira realizaron un percorrido guiado pola exposición ‘Imaxinar a Educación.50 anos con Frato’ que a Deputación de Pontevedra mantén aberta no Pazo da Cultura de Pontevedra ata o 11 de xuño. Alí puideron coñecer as viñetas máis representativas de Francesco Tonucci, que aportan unha visión do mundo moi crítica da educación como das cidades a través dos ollos das crianzas, e tamén participaron do grande espazo de xogos que é a exposición para desenvolver libremente a súa autonomía, creatividade e a súa capacidade para aprender e construír.

Os escolares coñeceron os dez espazos expositivos diferenciados da mostra que animan á interacción e a pasar un tempo de entretemento e reflexión. Os dous primeiros espazos son unha selección das mellores viñetas e orixinais do autor, para despois desenvolver outras áreas do máis divertido e interactivo para os visitantes: o da bicicleta, espazo para gozar, investigar e aprender (onde se permite montar e desmontar as bicis e coñecer o seu funcionamento); o espazo das construcións chamado ‘Pequenas pezas, grandes creacións’ e o dos xoguetes, onde se demostra que a xogar non se aprende, pero xogando apréndese.

Por outra banda, acompañados dos seus profesores, estiveron no espazo ‘Teño unha idea. Propostas para seguir inventando’, onde a partir as palabras, as formas e as accións os visitantes puideron compartir as súas creacións -debuxos, escritos…- e expoñelas na propia sala. Finalmente, na zona de natureza, seguindo a metodoloxía de Francesco Tonucci, realizaron un achegamento ao ambiente a través da creación e o xogo. Nesta zona hai un herbario, peixes de cores, unha piscina na que experimentar como os elementos flotan ou afunden, e como a auga pode funcionar como ‘pegamento’. Incluso hai un composteiro no que as pequenas e pequenos puideron ver como se pode tirar proveito do lixo orgánico para producir un fertilizante natural de grande calidade como é o compost. Tamén hai dous areeiros nos que experimentaron deixando as súas pegadas e simularon as de diferentes animais.
Tiveron tempo para participar do espazo do ‘consello dos nenos e nenas’, a ágora do Pazo da Cultura, onde debateron sobre temas tan actuais como que modelo deben seguir as cidades para converterse nas cidades dos nenos e nenas que propón Tonucci, ou a necesidade de deberes e actividades extraescolares.

Deja un comentario