+034 986 09 02 04 Venres 19 de Outubro de 2018

O BNG renova o seu Consello Local co obxectivo de incrementar a base social do nacionalismo en Poio


Continuando co proceso de renovación dos órganos de dirección do BNG iniciado na XVI Asemblea Nacional do BNG do pasado 26 de marzo, na que se escolleu un novo Consello Nacional, e seguido da renovación do Consello Comarcal de Pontevedra–Caldas na Asemblea Comarcal, procedeuse a renovar o Consello Local de Poio na Asemblea Local celebrada a tal efecto.

A Asemblea Local, que contou cunha importante participación da militancia do BNG de Poio, elixiu por unanimidade dos e das presentes a candidatura encabezada por Xosé Luis Martínez Blanco. Esta candidatura está formada por doce membros do BNG de Poio, e nela intégranse 4 concelleiros na actual Corporación Municipal de Poio, entre os que se conta o propio alcalde, Luciano Sobral Fernández.

A esta lista sumáselle un representante de Galiza Nova de Poio, polo que o Consello Local do BNG neste Concello pasa a ter trece membros. Un Consello Local amplo que non só reflicte a forte implantación do movemento nacionalista en Poio, senón que reflexa a vontade de incrementar a capacidade de traballo da organización ao servizo dos veciños e veciñas de Poio e de todo o país.

A formación do novo Consello Local, en liña co acontecido no marco

Comarcal e Nacional, aposta por:

▪ rexuvenecer o seu órgano de dirección. Case a metade dos seus membros teñen menos de 30 anos.

▪ unha renovación de persoas: case a metade dos seus compoñentes incorpóranse por primeira vez a estas funcións.

O mércores 26 o novo Consello Local tivo a súa primeira reunión, onde se marcaron as principais liñas de traballo para esta nova etapa:

➢ Seguir traballando en expandir o discurso do nacionalismo en defensa dos intereses do Pobo Galego, cerne do BNG, co obxectivo de incrementar a nosa base social; posibilitando que se achegue nova xente coa creación de novas estruturas organizativas, tanto sectoriais como territoriais.

➢ Traballar en colaboración co tecido asociativo e produtivo existente en Poio, e en sintonía co equipo de goberno municipal, para solucionar os problemas dos veciños e veciñas deste Concello e mellorar a súa calidade de vida. Para iso o BNG de Poio estará en primeira liña da esixencia ás Administracións para que cumpran cos seus compromisos con este Concello e a súa veciñanza, como por exemplo:

o esixir á Xunta de Galicia o cumprimento dos Convenios asinados, xa fai anos, co Concello de Poio para a mellora dos portos de O Covelo e Raxó

o esixir á Xunta de Galicia un Plan Integral de Seguridade Viaria para a PO-308.

o esixir á Deputación de Pontevedra unha solución para a mellora dos accesos a Campelo

o o parque empresarial de Fraga Moreira

o o execución dun Plan Integral de Depuración e Saneamento da ría de Pontevedra.

➢ Impulsar e potenciar a acción de goberno do Grupo Municipal, de cara á recuperación da maioría absoluta para o BNG nas próximas eleccións municipais.

Deja un comentario