+034 986 09 02 04 Mércores 22 de Agosto de 2018

Meis, equípase para o comezo das rozas por todo o concello.


 

O Concello de Meis vén de facer unha adquisición máis que necesaria para o labor de roza e acondicionamento dos viarios do municipio, polo cal o alcalde José Luis Pérez a tomado a decisión de investir na compra de ferramentas necesarias para este labor, realizando a compra de 5 unidades de rozadoras por un importe de 2.590,75€ + I.V.A e dun biotriturador por un importe de 3.818€ + I.V.A.
O rexedor quere con esta decisión reforzar o equipamento dotando ao persoal dunhas máquinas necesarias para o labor de roza, e acondicionamento dos viarios.
O alcalde José Luis Pérez afirma que debido á gran extensión de terreo que ten o municipio os labores de roza son moi complicadas e agradece a todos os veciños a súa paciencia e comprensión e afirma que así o persoal do concello poderá axilizar mais estes traballos.

Deja un comentario