+034 986 09 02 04 Venres 17 de Novembro de 2017

A Xunta premia os proxectos de innovación en FP ideados por 7 centros da provincia de Pontevedra


Nas iniciativas galardoadas neste concurso participan 14 empresas ou entidades

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe a resolución dos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional, uns galardóns que recoñecen iniciativas de sete centros coas que tamén colaboran un total de 14 empresas ou entidades. Este certame ten como obxectivo impulsar o emprendemento e as ideas anovadoras no marco destas ensinanzas. Neste sentido o potencial dos ciclos formativos puido comprobarse a pasada semana durante a celebración da segunda edición do congreso FPInnova Galicia, no que se exhibiron 40 proxectos innovadores, nos que participaron 23 centros educativos e 30 empresas.

O departamento educativo da Xunta destinou a estes premios un total de 290.000 euros. Desde a súa primeira edición en 2014, a convocatoria anual destes galardóns supuxo un investimento de máis de un millón de euros.

O concurso propuxo dúas modalidades. Na primeira dela participaron proxectos que tiñan como obxectivo a innovación tecnolóxica ou científica e a mellora de procesos de produción ou prestación de servizos. Nela resultaron premiados os proxectos que se relacionan na seguinte táboa:

Centro coordinador Entidade colaboradora Proxecto
CIFP Carlos Oroza  (Pontevedra)

Centros colaboradores: CIFP A Granxa e IES Montecelo)

 

Estación Fitopatolóxica de Areeiro, O Eirado da Leña S.L., Promove Consultoría e Formación S.L., Escola de Hotelaria e Turismo do Douro-Lamego e Asociación Micolóxica Brincabois A nosa camelia: tan curiosa como saborosa
IES Montecelo (Pontevedra)

Centro colaborador: IES de Vilalonga

 

Inelsa Solar S.L. e Desguaces San S.L. Climóbil Solar

No caso da modalidade B, para proxectos que teñan como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais, resultaron premiadas as seguintes iniciativas:

Centro coordinador Entidade colaboradora Proxecto
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) Tesla Servicios Integrales de Ingeniería S.L. Aeroxerador didáctico. Montaxe a escala dun aeroxerador eólico asíncrono de eixe horizontal
IES Chan do Monte (Marín)

Centros colaboradores: IES Xulián Magariños e CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

 

  Configuración dunha tenda de comercio electrónico co CRM Prestashop. Posicionamento na internet e outras accións de difusión. Elaboración de material didáctico sobre comercio electrónico para uso na aula nos módulos da familia de Comercio e márketing
IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa) Inforede Servicios Informáticos Maquetas virtuais industriais para Arduino
IES Pedra da Auga (Ponteareas)

Centro colaborador: IES Frei Martín Sarmiento

  Deseño e desenvolvemento de prototipo de vivenda domotizada, imprimible en 3d, baseada en plataformas hardware/software abertas e controlada mediante arduino

 

CIFP A Granxa (Ponteareas)

Centro colaborador: IES de Salvaterra de Miño

Arbogal 2007 S.L., Resomaq S.L., Punto Emprego Galego S.L., Comevisa e Megalta Árbore artificial. Deseño e construción dunha estrutura para a práctica segura dos traballos en altura en arboredo

Deja un comentario