+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Agosto de 2019

200 triatletas xa formalizaron a súa inscripción no V Triatlón Concello do Porriño


Aínda que o prazo de inscrición finaliza o vindeiro martes 23 ás 23.59 h, centos de participantes quixeron asegurarse a praza ao estar limitada a proba a 350 inscritos
O Mini Triatlón tamén ten limitada a participación a 45 inscritos (4-10 anos) xunto a un adulto

Conta atrás para a gran cita deportiva do municipio porriñés, a quinta edición do Triatlón Concello do Porriño, que se celebrará o vindeiro sábado 27 de maio.
A organización deste evento deportivo, que conta coa colaboración do Concello de Tui e a Comandancia Naval do municipio, dá estes días as últimas pinceladas técnicas á proba, que recupera as súas transicións orixinais ao contar cunha excelente previsión das condicións meteorolóxicas.
Deste xeito, ás 11.45 h do sábado 27, os protagonistas serán os participantes no Mini Triatlón, que acompañados sempre dun adulto, nadarán 25 m na piscina do Polideportivo Municipal para a continuación prepararse para a saída en bicicleta (12.00 h) ata a Igrexa de Santa María. Alí deixarán as súas bicis e prepararanse para tomar a saída en carreira (12.15 h) cara á Praza Arquitecto Antonio Palacios, onde lles espera a meta. O prazo para inscribirse finaliza o vindeiro venres 26 de maio, os interesados poden achegase á piscina municipal para formalizar a súa participación e moi importante non esquecerse do gorro, bañador, chanclas antideslizantes, casco, bici e ganas de pasalo ben.
Volvendo á proba absoluta, do mesmo xeito que nas anteriores edicións, o bocinazo de saída darase dende o porto deportivo de Tui; pero coa diferenza de que a primeira transición na que os triatletas collerán a bicicleta tras nadar 750 m no río Miño, este ano será no interior das instalacións da Comandancia Naval e non no área do embarcadoiro.
A segunda transición volve a rúa Domingo Bueno, onde tralos 20 km de percorrido pola PO-342 que separan Tui de O Porriño, os triatletas deixarán as súas bicicletas para calzarse as súas deportivas e saír á carreira, ata completar os 5 km restantes de proba polo casco urbán e repartidos en 2 voltas. A meta estará situada diante do Concello do Porriño.
O prazo de inscripción permanecerá aberto ata as 23.59 h do próximo martes 23 e o seu custo é de 10 €, para os federados (cadetes gratis) e de 22 €, para os que fagan licenza dun día (10€+12€ -cadetes 6€-).
Dende a Federación Galega de Triatlón -FEGATRI- queren lembrar que este ano, se fará especial hincapé en sancións aos clubs, por cada participante que non se presente ao pódium na entrega de trofeos.

Deja un comentario