+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

A Concellería de Ensino organiza unha charla sobre como afrontar as condutas violentas dos nenos/as


A iniciativa, encadrada no ciclo de conferencias que organiza o departamento que xestiona Cristina Fernández, está dirixida aos pais e nais de alumnado de Primaria
A Conferencia terá lugar na Sala Multiusos do Auditorio Reveriano Soutullo o vindeiro mércores 24 de maio, ás 19:30 h.
Continuando co Ciclo de Conferencias iniciado no pasado mes de febreiro pola Concellería de Ensino, xestionada por Cristina Fernández, a Sala Multiusos do Auditorio Municipal acollerá unha conferencia-coloquio na que se tratará como afrontar condutas agresivas e violentas na súa fase inicial, un tema no que os pais e nais de alumnado de Primaria, teñen manifestado o seu interese en varias das conferencias anteriores.
A charla correrá a cargo de Carlos Lorenzo Alfaya, psicólogo, terapeuta familiar e membro fundador da Asociación Medrando á Par. Carlos Lorenzo dirixe tamén a actividade do mesmo nome na Escola Infantil Municipal, e como sinalaba a concelleira de Ensino, Cristina Fernández, “é un fondo coñecedor do tema e xa leva traballando un tempo coas familias da nosa vila con cativos ata tres anos”.
“Esta nova conferencia, ten como obxectivos reflexionar os motivos polos que se dan estas condutas, como axudar aos aos nenos e nenas a non telas e a afrontalas e que podemos facer os adultos ante condutas desta índole”, aclara a edil de ensino.
Cristina Fernández convida “a todos os veciños e veciñas que teñan fillos/as na etapa de Primaria a asistir e participar activamente neste coloquio”.
A Concellería de Ensino xa ten programada outra conferencia educativa, dentro dese mesmo ciclo, para o vindeiro 14 de xuño.

Deja un comentario