+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

A Xunta comprométese a renovar a colaboración coa Asociación Esperanza Salnés


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, reuníronse  co director xerente da asociación Esperanza Salnés, Augusto Chaves.

Na xuntanza, trasladaron o compromiso do goberno autonómico de renovar a colaboración que xa viña mantendo con esta asociación. Ademais, eloxiaron o traballo fundamental que desenvolve esta entidade no eido da atención terapéutica a nenos e nenas con discapacidade física ou intelectual.

Deja un comentario