+034 986 09 02 04 Luns 25 de Xuño de 2018

O concello de Pazos de Borbén convoca unha nova edición do seu Programa de Formación Cidadá


En total ofértanse nova ciclos de formación de diferentes ámbitos coa intención de chegar a todos os públicos
O Concello de Pazos de Borbén, a través da súa Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, acaba de poñer en marcha unha nova edición do seu programa de formación cidadá. Trátase de nove ciclos formativos de diferente duración e temática, abarcando desde as cinco opcións dispoñibles no curso de idiomas ata titulacións prácticas como monitor de tempo libre ou transporte escolar. O prazo de inscrición xa se atopa aberto e pecharase cando se concreten os grupos necesarios para cada ciclo.
En primeiro lugar atópanse os ciclos centrados en proporcionar formación académica que permita o acceso ao mercado laboral. Neste apartado atópanse os cursos de Manipulador de Alimentos, Manexo básico de carretillas elevadoras e os destinados a proporcionar a titulación necesaria para ser monitor de tempo libre, de transporte escolar, de comedor escolar ou de actividades extraescolares.
A continuación atópanse os ciclos orientados á formación académica e do lecer. Nesta sección atópanse o curso de idiomas, que ofrece cinco linguas como opción, Inglés, Chinés, Italiano, Francés e Portugués, e os talleres de autopeinado e de corte e confección.
Cada proposta ten custos e horarios diferentes, polo que desde o Concello animan a todos os interesados a consultar as condicións concretas de cada ciclo a través das súas redes sociais, por teléfono nos teléfonos 986 498 934 e 986 497 035 ou nas oficinas da AEDL na Casa do Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres. Os cursos iranse realizando a medida que se vaian formando os grupos para cada un deles, requirindo un mínimo por grupo.

Deja un comentario