+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Decembro de 2018

O IV Papá Noel Solidario chega ao pavillón de Panxón


Un ano máis, o Pavillón Municipal de Deportes de Panxón acollerá o domingo 21 de decembro a cuarta edición do Papá Noel Solidario, unha iniciativa organizada pola Agrupación Deportiva Val Miñor, en colaboración co Concello de Nigrán, o Centro Cultural e Recreativo Parada Miñor, o Club Baloncesto Airexa e Indiana Bill.

As portas do pavillón abrirán ás 17.00 horas. A partir de entón, Papá Noel recibirá aos máis pequenos da casa, que entrarán nun sorteo de entradas para Indiana Bill a cambio de entregar xoguetes e alimentos, que serán repartidos entre as familias máis desfavorecidas do municipio.

Deja un comentario