+034 986 09 02 04 Venres 17 de Novembro de 2017

Salceda únese á campaña “Quere o teu Mercado”


O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Comercio que dirixe Loli Castiñeira, únese un ano máis á campaña “Quere o teu mercado”, promovida en Galicia pola Xunta de Galicia en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes co obxectivo de destacar o papel dos mercados e potenciar a compra do produto local ademáis de ensalzar a profesionalidade dos nosos praceiros e praceiras.
No caso de Salceda, os nenos e nenas poderán achegarse ao Mercado Municipal o vindeiro sábado 27 a partires das 11:30, e aprender dun xeito divertido a comer froita coa actividade “Pequenos Cociñeiros”.
Con esta iniciativa preténdese fomentar o consumo de productos frescos no Mercado, que no caso de Salceda de Caselas lévase mellorado considerablemente nos últimos anos. Cos investimentos realizados lévanse atallado xa problemas como as correntes de aire do edificio coa colocación de falso teito, ou a conexión coa zona de aparcadoiro da carballeira situada detrás da edificación , efectuando unha apertura no semisoto e executando unhas escaleiras de acceso.
Pola súa proximidade e situación estratéxica nas nosas vilas e cidades, os mercados municipais xogan un valioso papel dinamizador e revitalizador dos centros urbanos onde se asentan e facilitan, ademais, a compra completa de alimentos frescos con toda a comodidade e sen necesidade de grandes desprazamentos. Mercar neles é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada así como garantía de boa compra, fomentando o consumo de produtos galegos e ofrecendo a variedade de carnes, lácteos, froitas, verduras, pescados, mariscos, hortalizas… que require unha dieta equilibrada e saudable. Xuntan tradición e modernidade, adáptanse ás demandas dos seus clientes, ofertan os mellores prezos en produtos frescos de alimentación e incorporan cada día novos servizos complementarios e personalizados.

Loli Castiñeira, Concelleira de Comercio: “Con este tipo de iniciativas queremos achegar o noso Mercado aos veciños e veciñas e Salceda, e que coñezan as vantaxes de realizar alí a compra de productos frescos. Animamos a tódolos cativos a achegarse este sábado á actividade organizada, na que van aprender moitas cousas sobre o consumo de froita e outros productos”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “Seguimos a construír a nova Salceda pensada para a xente poñendo en valor os edificios municipais. Salceda tiña unha débeda histórica cos vendedores da Praza de Abastos e estamos a poñer todo da nosa parte para saldar esa débeda e garantirlle as mellores condicións no desenrolo dunha tarefa fundamental como é a da venta de productos frescos”.

Deja un comentario