+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Decembro de 2018

Rueda asiste á inauguración das novas instalacións do Rexistro da Propiedade de Vigo


O vicepresidente da Xunta destacou que este novo edificio contribúe tamén a recuperar e impulsar a rehabilitación do Casco Vello de Vigo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda asistiu hoxe á inauguración das novas dependencias do Rexistro da Propiedade de Vigo, acompañado do decano-presidente do Colexio de Rexistradores, Gonzalo Aguilera, do decano autonómico de Galicia, Hermes Rego e do alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Alfonso Rueda destacou que este novo edificio ofrece mellor servizo aos cidadáns, ao mesmo tempo que se contribúe tamén a recuperar e impulsar a rehabilitación do Casco Vello de Vigo, cunha obra xa premiada por profesionais da arquitectura.

Con este novo edificio, os rexistradores poñen en valor a unidade de obxectivos, que teñen coma máxima traballar e mellorar pola calidade do servizo que reciben os cidadáns. Ao mesmo tempo, Alfonso Rueda reiterou a necesidade da colaboración entre Administracións para poder dar comezo canto antes cas obras da Cidade da Xustiza.

Nesta mesma liña, a poucos metros deste novo edificio están en marcha as obras do edificio do Servizo de Notificacións e Embargos de Vigo, que con máis de 700 metros cadrados contribuirá tamén a paliar a falta de espazo nas sedes xudiciais viguesas e cunha inversión de preto de 1 millón de euros na construción deste novo edificio.

No acto estiveron o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, o decano-presidente do Colexio de Rexistradores, Gonzalo Aguilera; o decano autonómico de Galicia do Colexio de Rexistradores, Hermes Valvarce; a directora de Relacións Institucionais do Colexio de Rexistradores, Beatriz Corredor e diversos representantes de institucións xudiciais da cidade olívica.

Deja un comentario