+034 986 09 02 04 Venres 25 de Maio de 2018

Visita á Asociación Juan XXIII Cangas


Félix Juncal, alcalde de Bueu, e Fidel Castro, concelleiro de obras e servizos e relacións institucionais, visitaron este mediodía as instalacións da Asociación Juan XXIII en Cangas, onde puideron coñecer de preto a forma de traballar desde os diversos ámbitos, así como os espazos nos que se desenvolven as actividades. Na visita, desde a dirección do centro explicouse a súa historia, así como as áreas de traballo, ao tempo que se lembrou a vinculación que ten o centro co concello bueués. De feito, as persoas que integran a Asociación participan a miúdo nas diversas edicións dos mercados ecolóxicos que se celebran na vila, así como en exposicións na Sala Domínguez Búa ou mesmo nas actividades físico-deportivas que se organizan desde a concellaría de deportes. Así mesmo, o Concello de Bueu, moi comprometido co centro, xa lle encargou diversos traballos de carpintería que seguirá solicitando de cara a diveros proxectos e eventos.

Deja un comentario