+034 986 09 02 04 Luns 24 de Xuño de 2019

O alcalde de Baiona e a delegada da Zona Franca visitan o Viveiro de Empresas da Casa do Reloxo


Rodal e Pedrosa destacaron os servizos que ofrece o viveiro para todos aqueles que desexan iniciar o seu proxecto empresarial
A delegada do Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, e o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, visitaron este venres as instalacións do Viveiro de Empresas aberto a finais de 2016 na emblemática Casa do Reloxo do Casco Histórico baionés.
Teresa Pedrosa e Ángel Rodal mantiveron unha reunión de traballo na Casa do Concello de Baiona e posteriormente realizaron un percorrido polo recentemente rehabilitado edificio para coñecer de primeira man aos emprendedores instalados durante os últimos meses e que xa desenvolven o seu plan de negocio desde Baiona.
A delegada e o rexedor destacaron os servizos que ofrece o viveiro para todos aqueles que desexan iniciar o seu proxecto empresarial. “A Casa do Reloxo xa é un referente do emprendemento, un centro capaz de propulsar novos negocios que diversifican e melloran o noso tecido empresarial, polo que estamos moi agradecidos pola forte aposta realizada desde o Consorcio da Zona Franca”, afirmou Ángel Rodal.
O Viveiro de Empresas está situado na Casa do Reloxo, un edificio histórico rehabilitado polo Consorcio da Zona Franca en Vigo, realizado con fondos FEDER canalizados a través da Fundación Incyde, e ofrece seis oficinas e 38 postos de traballo nun espazo común, salas de reunións e servizos de técnicos de apoio para a creación de empresas.
Neste novo viveiro poden instalarse empresarios autónomos ou pemes que teñan como máximo unha antigüidade de 42 meses desde a súa alta fiscal e, no proceso de selección de proxectos, os técnicos do Consorcio valoran que se trate de iniciativas vinculadas ao sector turístico, marítimo ou actividades lúdico-deportivas; que o equipo promotor teña as capacidades suficientes para desenvolver correctamente o proxecto de empresa que presenta, ou ben, que se trate de iniciativas de carácter innovador e dun modelo de negocio escalable. Tamén se valora a xeración de emprego cualificado e aqueles proxectos que contribúan á dinamización do tecido

Deja un comentario