+034 986 09 02 04 Sábado 14 de Decembro de 2019

Apertura oficina turismo


O Concello de Ribadumia informa que dende hoxe ata o próximo 17 de setembro, ou se o tempo acompañase ata a ponte do 12 de outubro, a oficina de turismo de Ribadumia permanecerá aberta.
Como cada ano a festa do Viño tinto do Salnés e Exaltación das variedades autóctonas da o pistoletazo de salida a época estival no municipio. Xa que se incrementa aínda máis se cabe a chegada de visitantes a Ribadumia, o que fai preciso máis información turística sobre o municipio e a comarca.
O horario de apertura será de martes a venres de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 h, os sábados e domingos de 10:00 a 14:00 h, e os luns permanecerá pechada.
O teléfono de contacto da oficina de turismo para calquera cuestión é o 986710499.

Deja un comentario