+034 986 09 02 04 Martes 16 de Outubro de 2018

Un informe de contratación retifica que a resolución do recuros de Plantadeza pola adxudicación do mantemento do Cortizo realizouse seguindo escrupulosamente a legalidade


 Indica ademais que a resolución do recurso mediante decreto de alcaldía forma parte da práctica cotiá na administración 

 

O Concello de Lalín seguiu escrupulosamente a legalidade ao resolver mediante decreto de alcaldía o recurso de reposición interposto pola empresa Plantadeza contra a adxudicación do servizo de mantemento do capo de fútbol Manuel Anxo Cortizo. Un informe técnico elaborado polo departamento de Contratación afirma que ese método entra dentro da práctica administrativa cotiá e foi o utilizado, non só neste caso, senón noutros expedientes similares. Ese informe xustifica a decisión de resolver o recurso mediante resolución de alcaldía debido á brevidade e peronteriedade dos prazos legalmente establecidos, que é dun máximo dun mes para resolver e notificar o recurso e darlle tamén audiencia ás partes interesadas. Neste contexto, e tendo en conta de a imposibilidade de levar a decisión á Xunta de Goberno en tempo, optouse por avogar a súa competencia a través de resolución de alcaldía.

En concreto, o informe concreta que a adxudicación do servizo de mantemento do campo de fútbol se realizou en Xunta de Goberno o 1 de marzo de 2017. Nesa mesma sesión decidiuse inadmitir a proposta da Plantadeza por baixa temeraria fundamentada en informes técnicos que aseguraban que a oferta non acreditaba a súa viabilidade e, en consecuencia, non garantía a prestación do servizo de acordo cos pregos que rexían a licitación. O acordo foi comunicado o 13 de marzo e contra o mesmo presentouse recurso de reposición o 17 de abril, data a partir da cal se abriu o prazo dun mes para resolvelo. Tal e como indica o informe técnico, tras cumprir as preceptivas obrigas legais, “a Xunta de Goberno celebrou sesión ordinaria o día 15 de maio de 2017, o mesmo día no que se recibiron en Contratación todos os antecedentes necesarios para a emisión do informe obxecto do recurso, informe que se emitiu o día 16 de maio de 2017”.

“Á vista desta situación, e tendo en conta a brevidade dos prazos administrativos antes indicados (1 mes para resolver e notificar) procedeuse á avogación da competencia e resolución do recurso a través de resolución da Alcaldía, tal e como se ten obrado con anterioridade noutros expedientes similares. Xa que logo, a resolución do recurso de reposición a través de resolución da Alcaldía veu determinada, neste caso como noutros anteriores, polo devir cotiá da práctica administrativa e pola perentoriedade dos prazos legalmente establecidos (prazos de audiencia e prazos para resolver) e sempre co fin de cumprir cos prazos legais para resolver, posto que de ter incorporado o expediente de resolución á seguinte sesión da Xunta de Goberno Local que se celebrou o día 22 de maio de 2017 non se terían

Deja un comentario