+034 986 09 02 04 Luns 20 de Novembro de 2017
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Gondomar recibe máis de 40.000 € ao abeiro do “Plan Concellos 2017” para a adquisición de vehículos destinados aos servizos municipais


A institución provincial leva entregado o 35% do total destinado a Gondomar dentro do Plan, un investimento próximo aos 300.000 euros

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través de sendas resolucións presidenciais, dous novos investimentos para o concello de Gondomar ao abeiro da liña 1 do “Plan Concellos 2017”. Trátase, en primeiro lugar, dunha axuda de 24.000 € para a adquisición dun vehículo para a concellaría de Vías e Obras e, ademais, outros 17.545 € que permitirá ao concello de Gondomar adquirir unha desbrozadora de brazo lateral.

Anteriormente, Gondomar xa recibira outros 39.765,09 € en liña 2 para distintos gastos correntes e actividades como unha aula de teatro, obradoiros de memoria, de informática de mantemento ou de informática para persoas maiores, un ciclo de cinema, o “Gondoverán” 2017, unha carreira a prol da corresponsabilidade, entre outras, e finalmente outros 211.00,61 € en liña 3 para a contratación de 21 persoas nos distintos servizos municipais desta vila.

Grazas a esta nova achega, a vila de Gondomar xa leva aprobado o 35,3% do total de investimento que recibe dentro do “Plan Concellos 2017”, isto é, 292.310,70 € dun total de máis de 940.000 euros.

Deja un comentario