+034 986 09 02 04 Venres 27 de Abril de 2018

O PP de Silleda defende que a concellería de Servizos Sociais teña dependencias propias


O PP de Silleda considera que unificación co resto de dependencias municipais sería perxudicial para o desenvolvemento do servizo

Dende o PP de Silleda defenden a actual ubicación da Concellería de Servizos Sociais, e consideran que a súa integración co resto de dependencias municipais restaríalle eficacia na súa axuda a xente que atravesa situacións difíciles.

As peculiaridades das atencións que presta esta Concellería así como as reticencias que mostran moitos dos usuarios destes servizos a solicitar as axudas que se prestan dende o Concello, fan que a súa integración con outros servizos non sexa aconsellable pola exposición pública á que se verían obrigados os seus usuarios, que requiren dunha maior intimidade e privacidade.

Na actual ubicación pódense integrar todos os servizos que presta a Concellería, e facilita que aquelas persoas que atravesan situacións complicadas poidan achegarse cunha maior tranquilidade a requerir a axuda dos traballadores que se encargan deste servizo. “Por desgraza a maior parte non están a atravesar un bo momento, polo que recoller unha caixa de alimentos, por poñer un exemplo, diante dos demais veciños que van facer calquera xestión ordinaria pode resultarlles moi violento”.

Trátase de que estes cambios lle faciliten máis a vida aos veciños e non que lla compliquen. O que ten que estar cómodo non é só o alcalde, subliñan os populares.

Nesta liña, o PP defende desta maneira que as dependencias actuais para a prestación destes servizos son máis axeitadas as actuais pola privacidade que garanten e recoméndalle ao alcalde que “se quere prestar un mellor servizo ao cidadán que invista máis en administración electrónica e en modernizar os servizos de atención ao cidadán para que os veciños poidan realizar calquera tipo de trámite con axilidade”.

Deja un comentario