+034 986 09 02 04 Venres 06 de Decembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O Pazo Provincial converterase nunha pasarela de moda cun gran desfile de traxe tradicional


Terá lugar o sábado 10 de xuño e desfilarán preto de medio cento de traxes antigos de diversas comarcas do país
O CITA acollerá unha exposición e unha mesa redonda sobre a indumentari9a tradicional na actualidade
‘Sete varas, un refaixo’ é o título do desfile de traxe tradicional que reunirá máis de 45 traxes antigos ou reproducións fidelignas o vindeiro 10 de xuño no Pazo provincial. Por primeira vez na Galiza, amosarase unha colección desta magnitude que, nos días previos, tamén contempla outras actividades complementarias como unha exposición no CITA e unha mesa redonda sobre ‘A indumentaria tradicional na actualidade’.
Estas actividades están organizadas pola Área de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra, polo Concello de Pontevedra, e pola Asociación Etnográfica Sete Espadelas. Esta Asociaicón centra a súa actividade no estudo, recuperación e reprodución de prendas esquecidas ou distorsionadas do traxe tradicional galego, recuperando patróns antigos, o xeito da confección e os tecidos tradicionais. O desfile terá lugar no Pazo provincial, que se acondicionará como unha gran pasarela de moda, aproveitando as escaleiras interiores, o espazo do hall e a escalinata exterior.
Estas actividades, enmarcadas na programación do Ano do Patrimonio da Deputación de Pontevedra, serán presentadas mañá en rolda de prensa ás 11:00h no Pazo provincial polo deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, pola concelleira de Disciplina Urbanística, Protección Cidadá, Festas e Cultura, Carme da Silva, e polo presidente da Asociación Etnográfica Sete Espadelas, José Luis Rodríguez.

Deja un comentario