+034 986 09 02 04 Luns 09 de Decembro de 2019

O concello acometerá diversas actuacións nos xardíns de María Eugenia


O Concello de Bueu está levando a cabo diversas actuacións nos Xardíns de María Eugenia, na Banda do Río, que van consistir nunha mellora da xardinería, onde se vai proceder á substitución dalgunhas especies vexetais que tiñan pragas desde xa fai tempo, por outras plantas de tipo máis ornamental. Así o avanzou o alcalde de Bueu, Félix Juncal, durante a visita que fixo esta mañá ao lugar, onde tamén destacou que se está procedendo xa ao baleirado das xardineiras e a introdución dun aporte de terra e substrato para proceder á plantación.
Doutra banda, a actuación comprenderá a mellora no mobiliario urbano, coa reparación dos preto de trinta bancos e a substitución dos barrotes de madeira que se atopan en mal estado. Así mesmo, no que atinxe á iluminación, estase estudando a posibilidade de renovar un total de vinte báculos luminarios, buscando un novo emprazamento e unha substitución por outros tipo LED, o que permitirá seguir aforrando en custes enerxéticos, e que suporá tamén unha mellora na iluminación.
Segundo avanzou o rexedor, xa se está traballando para estas actuacións estean ultimadas tan pronto como sexa posible.

Deja un comentario