+034 986 09 02 04 Venres 17 de Novembro de 2017

O PP de Salceda míntelle unha vez máis aos veciños e veciñas


O Equipo de Goberno de Movemento Salceda aporta a documentación que deixa en evidencia as mentiras do portavoz do Partido Popular.
Segundo os datos oficiais relativos ao primeiro trimestre de 2017, a 31 de marzo deste ano a débeda viva do Concello coas entidades financieiras ascende a 858.077 €, aos que se lle sumarán os 789.723 € do préstamo que se vai formalizar para pagar os terreos do Parque Raíña Aragonta que o Goberno do Partido Popular deixou sen pagar no 2005, para facer un total de 1.647.800 €, mentres que o portavoz do Partido Popular segue mentindo cando fala de máis de 2.000.000 €.
En canto á afirmación do PP de que o Concello ten pendente de pago obrigas por 1.154.000 €, a realidade é que os documentos oficiais da Intervención Municipal e do Ministerio de Facenda reflexan a finais de marzo de 2017 que as obrigas pendentes de pago son de 248.070 €. Ademais neste momento o Concello nas súas arcas con 569.767 € de liquidez, aos que hai que sumarlle uns dereitos pendentes de cobro de 478.917 €. O portavoz do Partido Popular emprega os datos de 31 de decembro de 2016 a sabendas de que non se corresponden coa realidade, pois nese momento o importe das obrigas pendentes de pago era elevado polos máis de 600.000 € de REC que a oposición impediu pagar, e que hoxe en día están liquidados.
Cos datos oficiais aportados polo equipo de Goberno, non se entenden as cifras aportadas polo Partido Popular, que fala de máis de 4.000.000 € de débeda, cando os documentos demostran que non existe tal débeda, nin tan sequera a metade. O PP segue a mentir e a enganar á cidadanía, seguindo aquelo de “minte que algo sempre queda”.
Jose Luis González, Concelleiro de Facenda: “O Partido Popular está a crear unha “cortina de fume” para tratar de silenciar o momento que se está a vivir actualmente, no que o Equipo de Goberno de Movemento Salceda vai solucionar por fin o enorme problema creado polo Partido Popular coa expropiación dos terreos para o Parque Raíña Aragonta, que agora se ve por fin solucionado coa solicitude dun préstamo que permitirá por fin cobrar ás persoas expropiadas”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “Os veciños e veciñas de Salceda saben que este Goberno cumple cos seus compromisos. A oposición non tolera estes cumprimentos polo que o único recurso que lles queda é mentir e difamar, intentando enganar á veciñanza. Os documentos oficiais reflexan a boa situación económica do Concello, polo que non é de recibo as mentiras contínuas do PP. O Goberno Municipal aporta documentación oficial, mentres que o Partido Popular ofrece os datos que se lle ocorren en cada momento”.

Deja un comentario