+034 986 09 02 04 Venres 27 de Abril de 2018

O PP de Silleda denuncia a mala xestión do Concello no Servizo de Augas


As distraccións do goberno en cuestións como a consulta popular lastran a xestión dos servicios básicos do Concello

Dende o Partido Popular denuncian a mala xestión que dende o grupo de Goberno se ven facendo de servicios básicos como o abastacemento da auga, que ven acumulando un retraso totalmente inxustificado na emisión do seu recibo, o que xenerará graves perxuicios directamente no peto dos veciños do Concello.

Dende o grupo popular recordan que esta situación no retraso da xestión e emisión de recibos, xa se deu co recibo do lixo, motivo polo que este ano tódolos silledenses terán que pagar tres recibos e non dous como correspondería.

Os populares de Silleda valoraron que “Xa esta ben de que a incompetencia do grupo de goberno sempre a paguen os mesmos, os veciños, que ven como pola mala xestión levada a cabo polo goberno, despois se lle amorean os recibos que teñen que pagar, cos perxuicios que iso conleva para cada familia, sobre todo as que andan máis xustas económicamente.”

Non é de recibo que se preocupen máis de facer consultas populares para salir nos medios e ter o seu minuto de gloria, que de xestionaar servicios básicos como e o abastecemento da auga. ”A función do Alcalde e o seu grupo de goberno e xestionar adecuadamente os servicios dos veciños e non buscar encher o seu ego. Se non son capaces de xestionar o servicio, ou prefiren dedicarse a outras cousas, que asuman as consecuencias eles, que non llas carguen ós veciños que xa bastante teñen.”

Antes de poñerse a facer cousas que non saben, tal como se demostrou no despropósito da celebración dunha consulta popular que so lle interesa a eles, e con enormes carencias que poñen en entredito a súa legalidade, deberían centrarse en facilitar o día a día de tódolos veciños do Concello e en defender os seus intereses que e a súa labor.

Deja un comentario