+034 986 09 02 04 Luns 24 de Setembro de 2018

O PP de Silleda considera que gañaron as opcións do “Non”


A pesar da manipulación feita dende o Concello cunha procedemento feito por e para o grupo socialista venceron por 36 votos as opcións contrarias ao traslado do Concello

Dende o Partido Popular consideran que o resultado das urnas foi claro, a xente optou por non dar o consentimento ao traslasdo do Concello, ben rexeitando o traslado votando “non”, ben dicindo que querían votar pero non podían porque non se lles deu a información suficiente para elo, o non saber cuestións de trascendental importancia para dicir “si” ao traslado da casa do Concello. Estas opcións, o non e o voto en branco, superaron por 36 votos a opción de trasladar o concello.

Tanto a baixa participación, como o altísimo número de votos en branco que nesta ocasión cun 27 % de participación foron 88, a diferenza do que ocorreu nas últimas eleccións municipais, que cun 74% de participación foron só 66 votos en branco, así como o alto rexeitamento mostrado polos veciños de Silleda, sobre todo no casco urbano, fan que a consulta realizada fose un fracaso tanto para os seus organizadores, como para a idea de proceder ao cambio de Concello de emprazamento, polo que consideran que o Alcalde debería replantearse esta decisión que xa parecía tomada desde o principio.

Desde o PP de Silleda consideran que “a pesar de levarse a cabo unha consulta absolutamente viciada e manipulada desde o grupo de goberno tanto pola falta de información, como polo procedemento en si, no que o propio Alcalde resolvía as reclamacións plantexadas fronte as súas actuacións irregulares, como pola utilización de medios do propio Concello para facer propaganda, finalmente as opcións contrarias o “non” superaron ao “si”, por máis de 30 votos, xa que o voto en branco nesta ocasión reflectía o rexeitamento ao cambio da casa do Concello pola falta de información imposta dende o grupo de goberno a todos os veciños de Silleda.”

Polo tanto a consulta levada a cabo non lexitima ao Alcalde para poñer en marcha o traslado da casa do Concello, que debería reflexionar de todo o procedemento levado a cabo, así como das súas actuacións particulares no que deixou claro que o único que lle importaban neste proceso eran os seus propios intereses e non os de todolos veciños, xa que de interesarlle os intereses dos veciños e a súa participación houbera mantido unha posición neutral, e houbera facilitado toda a información para que os silledenses acudisen as urnas cunha idea clara do que ía facer.

Así mesmo desde o grupo do Partido Popular de Silleda salientan que “agora que o alcalde xa tivo o seu minuto de gloria e xa conseguiu saír na televisión, esperamos que por fin lle aclare aos veciños canto vai custar o traslado, que vai a pasar coa Casa da Cultura, por que vai a facer ir aos nenos de Silleda a un emprazamento que el considera perigoso, e que vai a pasar con Auditorio municipal, entre outras cousas.”

Tamén se solicitará que se dean todas as explicacións de cales foron os custos reais do procedemento, para que todos os veciños saiban canto lle custou realmente a campaña de propaganda do señor Cuíña, xa que agora aínda que non as queira dar como veu facendo, si se poderá ter acceso as facturas que pagou o Concello para que o Alcalde pudese saír na televisión.

Dende o Partido Popular non dan a loita por perdida e exisiranlle todas as explicacións e responsabilidades ao alcalde para que os veciños de Silleda teñan voz de verdade en todo este procedemento, e coñezan as intencións do alcalde e cales son os verdadeiros intereses para facer o cambio de ubicación do Concello, antes de que se intente levar a cabo, e se cometa un erro histórico e de moi difícil reparación.

Deja un comentario