+034 986 09 02 04 Martes 22 de Setembro de 2020

Máis de 30 universitarios galegos realizarán prácticas nos Parques Naturais e nos Centros de Recuperación


Os alumnos cursan a titulación universitaria de Bioloxía, Ciencias Ambientais e Enxeñería Forestal e máis dun 60% dos participantes son mulleres
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio recibe aos 32 alumnos universitarios que comezan as súas prácticas formativas nos parques naturais de Galicia e nos centros de recuperación de fauna salvaxe, grazas aos convenios de colaboración asinados entre a Consellería e as tres universidades galegas, para a realización de prácticas académicas externas de estudantes universitarios.

Dende este mes, e ata setembro, incorporaranse aos parques naturais e aos centros de recuperación un total de 32 alumnos que cursan a titulación universitaria de Bioloxía, un 84%, Ciencias Ambientais, un 13%, e Enxeñería forestal, un 3%, e destaca o feito de que un 62% das participantes son mulleres (20, fonte aos 12 homes).

En canto á distribución por destinos, destacan os sete que se formarán no Parque Natural da Fragas do Eume e outros tantos no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. Na seguinte táboa, resúmese os participantes e o seu destino:

Destino Nº participantes
Parque Natural das Fragas do Eume 7
Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán 2
Centro de recuperación de fauna salvaxe de Santa Cruz (Oleiros) 6
Parque Natural do Invernadeiro 1
Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra 2
Parque Natural Monte Aloia (Tui) 3
Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia 7
Centro de recuperación de fauna salvaxe de Cotorredondo 4
Total 32

As tarefas que realizarán dentro dos parques naturais e nacional serán axudar á xestión ambiental, identificación e conservación de flora e fauna, control de especies exóticas, seguimento do estado conservación hábitats e especies, actividades de educación ambiental, e apoio ao uso publico do espazo natural protexido.

No caso dos 10 alumnos que se formarán nos centros de recuperación de fauna salvaxe centraranse na aprendizaxe de manexo das especies animais, recepción e identificación de animais ingresados, axudas nos procesos de alimentación e seguimento do proceso de recuperación e preparación para a liberación dos mesmos, así como axudar ao equipo veterinario do centro e acondicionamento de instalacións.

Deja un comentario