+034 986 09 02 04 Xoves 21 de Xuño de 2018

O concello de Salvaterra de Miño presenta as novas actividades, obradoiros e cursos para os meses de xuño e xullo


A partir do día 12 de xuño o Concello de Salvaterra de Miño abre as inscricións para as novas actividades, obradoiros e cursos que realizará nos meses de xuño e xullo. Actividades pensadas para todos os gustos e para facer, como non, tamén en familia, cunha gran diversidade de opcións.
Dende obradoiros florais, a obradoiros de emprego a través do smartphone, hai que ter sempre en conta as novas tecnoloxías e as súas aplicacións no día a día, tamén teremos cursos para aprender a decorar os eventos, para elaborar xabóns e champús, amprenderemos a customizar camisetas, a realizar alpargatas e realizaranse tamén varios breakfast & speaking.
Como actividades en familia ofrecese a opción dun pequeno obradoiro para crear un minixardín de plantas aromáticas, que se realizará no Parque Público A Canuda, e realizaranse varias actividades de batucada na praza. O Concello tampouco se esquece de todas aquelas persoas que teñen nenos e nenas pequenas, xa que somos un dos concellos que ten máis poboación nova e con rapaces pequenos, cunha charla/obradoiro de como viaxar seguros con cativos no coche.
Así que se estades interesados o único que tedes que facer é inscribirse no Concello, recordamos que son actividades gratuítas para empadroados no Concello, por estrito orde de inscrición.

Deja un comentario