+034 986 09 02 04 Luns 24 de Setembro de 2018

O alcalde da Lama revisa as labores de limpeza e acondicionamento de viarios para a celebración do Santo Cristo de Xende


Jorge Canda asegura que esta romaría segue sendo un punto de atracción relixiosa e turística moi importante

O alcalde da Lama, Jorge Canda, realizou labores de supervisión sobre os traballos realizados por operarios do Concello da Lama en materia de limpeza e preparación da contorna da igrexa de Xende, solicitadas pola Comisión de Festas, co fin de facilitar a celebración da romaría do Santo Cristo e favorecer a seguridade viaria na zona durante este fin de semana.

Jorge Canda mantivo tamén varias reunións con responsables de Protección Civil co fin de que actúen á hora de regular o tráfico e asistir en materia de prevención ante situacións de seguridade cidadá durante todo o fin de semana, sobre todo, nos momentos de maior concentración de persoas coincidindo coas misas principais do sábado e o domingo.

Así mesmo, o Concello da Lama realizou labores de reparación dos principais tramos por onde discorrerá a procesión e o Santo Encontro das imaxes que tradicionalmente proceden dos diversos lugares lindeiros e que transportan as imaxes relixiosas desde diversos lugares da parroquia para confluír fronte ao atrio da igrexa, nun acto de homenaxe ao Santo Cristo.

Operarios municipais manteñen tamén activo un dispositivo de actuación co fin de facilitar os medios materiais e humanos precisos para que o desenvolvemento desta emblemática romaría resulte un éxito.

O rexedor da Lama considera que esta romaría consolídase en Galicia como punto de atracción relixiosa e turística polo gran número de persoas que se achegan ata o municipio da Lama movidos polo sentimento relixioso e etnográfico e o turismo natural que ofrece a incomparable contorna ambiental do municipio.

PROGRAMA FESTIVO

Por outra banda, o programa festivo é o seguinte:

Sábado 21.- Haberá misas ao longo de toda a mañá, cada hora, a partir dás 09.00h. A misa solemne, celebrarase ás 12.00h, será cantada polo coro parroquial. A continuación a procesión e actuación da banda de gaitas Vos Catro Ventos .
Pola tarde oficiaranse misas cada hora desde as 17.00 ata as 19.00 horas. Ás 21.00h terá lugar o gran Serán que rematará coa degustación dun delicioso chocolate.

Domingo 22.- Ás 09.00h comezarán as misas, que se repetirán cada hora. Ás 11.00 horas levará a cabo o Santo Encontro de todos os santos das parroquias veciñas. A misa solemne cantada pola Banda Airiños do Morrazo oficiarase ás 12.00h e a continuación terá lugar a procesión acompañada pola citada banda, a cal ofrecerá un concerto rematados os actos litúrxicos.

Pola tarde, ás 18.00 horas, oficiarase a misa solemne cantada seguida de procesión e acompañamento musical da Banda de Música Airiños do Morrazo.

Finalmente o domingo 29 de maio, ás 13.00h terá lugar a misa solemne de Corpus, seguida dá procesión.

Deja un comentario