+034 986 09 02 04 Luns 22 de Xaneiro de 2018

O PP de Silleda acepta pero non comparte a lectura que fai o Alcalde dos resultados


O Alcalde e o seu grupo de goberno mentíronlle aos silledenses xa que había anteproxecto e unha valoración do custo que suporía parte de dito proxecto

Dende o Partido Popular lamentan a falta de miras do grupo de goberno, que se segue centrando en atacar e terxiversar a postura dos grupos da oposición, para intentar lexitimar a decisión de levar a cabo o cambio da casa do Concello coa pregunta que formulou os silledenses na consulta popular.

A pesar dos múltiples erros cometidos polo grupo de goberno na celebración da consulta popular por mor da improvisación e a falta de rigorosidade coa que se fixo, chegando a incorrer incluso en vicios de nulidade que serían suficientes para invalidala consulta, o Partido Popular nunca se opuxo á súa celebración e a que os silledenses decidisen, se ben denunciou as trampas que o goberno lle fixo a todos os silledenses.

É indiscutible que a participación foi moi baixa, e que tanto o “Non”, como o voto en branco o que expresaban era unha repulsa a pregunta plantexada polo grupo de goberno, é dicir, que por un motivo ou outro lle estaban dicindo que non á pregunta tal é como estaba formulada, tanto pola falta de concreción do proxecto de cambio, como da información que sobre o mesmo se lle deu os silledenses.

Dende o Partido Popular de Silleda consideran que “O grupo de goberno pode seguir coa súa teima e sen ver o que lle dixo o pobo sobre a pregunta que fixo, pero a realidade e a que é, e recorrer a argumento de perogrullo, ou a intentar desacreditar á oposición vinculando a reximes de hai corenta anos, só deixan ver a pouca consideración que teñen sobre a capacidade dos silledenses para tomar e valorar as súas propias decisións, e a falta de argumentos coa que contan.”

En todo este proceso, se alguén actuou de forma autoritaria, manipulando as regras de xogo a súa conveniencia, e intentando ser xuíz e parte como no caso da resolución da reclamación plantexada polo grupo de Partido Popular, ese foi o Alcalde.

Dende o grupo popular salientan que “hai que ter moi pouca vergoña para facer a valoración que fai o Alcalde, cando foi el o que nin sequera acordou co resto de grupos os termos da consulta nin da súa celebración, e o que acudeu a un pleno teoricamente para consensuar o modo de levar a cabo todo o proceso, e finalmente nin sequera deixou falar aos grupos que conforman a corporación. Se aquí alguén está gobernando como hai corenta anos, con continuas saídas de tono, impoñendo o seu criterio de forma autoritaria sen contar con ninguén, e manipulando á xente valéndose dos recursos públicos para os seus intereses, ese e o Alcalde e o grupo de goberno que llo permite.”

É evidente que nesta consulta, o grupo de goberno co Alcalde á cabeza, non buscou dar información de maneira imparcial para que os silledenses votasen de forma informada, e recordan que había un anteproxecto realizado por técnicos municipais que o Alcalde gardou no caixón trala exposición realizada en Silleda, e unha valoración de parte de dito anteproxecto que tamén se ocultou aos silledenses. “¿Que pasou con todos eses proxectos e valoracións?, ¿Canto se leva xa gastado neste proxecto?, ¿Por qué se empeñaron en ocultarllo aos veciños? Sen dubida son cuestións que terá que aclararlle o Alcalde a todolos veciños máis alá de facer o cambio da Casa do Concello, porque o único que fixo foi enganalos, pois había proxecto aínda que deficiente, e valoración aínda que incompleta.”

Parece evidente que polas últimas declaración do Alcalde por exemplo en relación co Auditorio Municipal, o cambio vai a implicar unha perda de espazos e servizos para os silledenses, pois remítese ao auditorio da Semana Verde ou ao salón parroquial. Así se sae o proxecto adiante, actos como entre outros as presentación de libros que ata o de agora se viñan realizando neste espazo, terán que realizarse nun dos dous espazos alternativos sempre e cando sexan cedidos, salvo que o Concello decida continuar coa política de gastarse 400 euros nun viño español acudindo a un espazo privado como sucedeu nunha recente ocasión.

Asimesmo dende o grupo do Partido Popular, recordan que o único que fan e farán, é traballar por e para os veciños de Silleda, e neste caso para que puidesen tomar unha decisión con toda a información e valorando todas as consecuencias que se derivarían da pregunta que se lles plantexaba nesta ocasión, por desgraza esto non é o que quere o Alcalde, que o único que lle interesa son os seus propios intereses.

Deja un comentario