+034 986 09 02 04 Venres 30 de Outubro de 2020

Medio Ambiente adxudicará este mes as obras de construcción do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre en Cotobade


A directora xeral de Patrimonio Natural recibe ao alcalde de Cerdedo, ao que lle trasladou que na actualidade están a ultimar a análise das ofertas presentadas

A Consellería do Medio Ambiente prevé adxudicar ao longo deste mes de xuño a obra de construción do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do concello pontevedrés de Cotobade. Así llo trasladou esta mañá a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, ao alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, co que mantivo unha reunión esta mañá en Santiago.

Ana María Díaz indicoulle que na actualidade se está a ultimar a análise da documentación das ofertas presentadas ao contraro de licitación desta actuación, por un importe de 700.000 euros.

O novo centro de recuperación de fauna silvestre constará de dúas instalacións próximas: a primeira edificación, de 286,89 m2 totais, estará destinada á recepción dos animais, tratamento e atención veterinaria; e a segunda, de 554,48 m2, para a recuperación inicial dos animais e outros servizos necesarios que garantan os coidados durante a súa estancia no centro.

O centro está pensado para a recuperación de aves silvestres, pero tamén contará con recursos para o tratamento doutras especies, réptiles e mamíferos especialmente, que se atopen feridos ou enfermos.

Recordou que esta instalación estará ubicada na parroquia de Carballedo, onde xa está instalado o Centro Ictioxécnico e concluír así o complexo ambiental de Cotobade. A confluencia nun mesmo espazo dos centros de recuperación e repoboación de especies garantirá a eficiencia dos recursos, ademais de que porá o foco no Concello de Cotobade en canto á atención á fauna, principalmente ás aves, e ao repoboamento do salmón, troita e reo, como xa se fai dende o centro actual de Carballedo.

Deja un comentario