+034 986 09 02 04 Luns 27 de Xaneiro de 2020
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A Asociación de Consorcios contra incendios aproba en Lanzarote a creación dunha cátedra para o deseño e a xestión dos servizos de extinción


O deputado, Carlos López Font, presentou na asemblea xeral de ConBé o traballo feito polo consorcio pontevedrés sobre achiques e inundacións

A asemblea xeral da Asociación de Consorcios e Servizos Contra Incendios de España (ConBé), celebrada en Lanzarote, aprobou a creación dunha cátedra para o deseño, xestión e organización dos servizos de extinción. O deputado provincial, Carlos López Font, participou nesta asemblea que concluíu hoxe cun simulacro de accidentes de tráfico, como representante do Consorcio Provincial Contra Incendios de Pontevedra, na que tamén aprobáronse diversos procedementos de traballo elaborados coa colaboración dos propios técnicos dos consorcios.

ConBé é unha asociación de Administracións Públicas que prestan, directa ou indirectamente, o servizo de prevención, extinción de incendios e salvamentos nos ámbitos territoriais das súas competencias. Creada no ano 2006, confórmana actualmente Administracións que, baixo o modelo de consorcios e outras figuras administrativas, ao amparo da normativa de réxime local, xestionan a prestación dos servizos públicos de salvamento e extinción de incendios de 21 provincias dando servizo a 2.280 concellos de todo o país. Contan con 30 entidades asociadas, xestionan máis de 300 parques, máis de 4.600 persoas e máis de 1.400 vehículos contra incendios.

Este ano a mesa técnica e a asemblea xeral celebrouse no Cabildo Provincial de Lanzarote e entre os puntos tratados estiveron a creación da cátedra para o deseño, xestión e organización dos servizos contra incendios, aprobáronse as contas do ano pasado e o orzamento da asociación e os distintos procedementos de traballo elaborados polos expertos. Precisamente, nas mesas técnicas previas a asemblea xeral, rematáronse os traballos dos expertos sobre estes procedementos ante as operacións do servizos contra incendios nos que a Deputación de Pontevedra fixo o correspondente á achiques e inundacións.
En concreto, establecéronse os procedementos xerais que sirvan de base a cada servizo para a realización dos traballos operativos en riscos eléctricos, en achiques e inundacións, en actuacións con avellas e outros insectos ou o de rescate de animais, entre outros.

Ademais tratouse a adquisición dun paquete de normas UNE Bombeiros e a posibilidade de incluír a imaxe corporativa do ConBé na uniformidade de todo o persoal que traballa nos consorcios provinciais. Nos temas internos aprobouse a admisión do servizo de emerxencias do Principado de Asturias á asociación.

Deja un comentario