+034 986 09 02 04 Sábado 20 de Xaneiro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Carmela Silva subliña que coa Festa Castrexa de A Guarda coñecerase a cultura da época e o monte


A Presidenta da Deputación presentou o fito conmemorativo dos cen anos de creación do Museo Arqueolóxico do Trega

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, a concelleira de Turismo, Elena Baz, e o presidente da Asociación de Veciños de A Guarda, Manuel Castro, presentaron hoxe en Pontevedra a segunda Festa Castrexa na que estiveron presentes os representantes das comunidades de montes, que celebrarase os días 24 e 25 de xuño, da que Silva destacou que vai servir para coñecer a cultura da época e o patrimonio dos montes do concello pontevedrés.

Manuel Castro salientou que nesta edición decidiron ampliar a dous días a duración da festa polo éxito acadado aumentando tamén as actividades. Castro destacou que a festa segue a ser unha iniciativa das tres comunidades de montes de Salcidos, A Guarda e Camposancos.

Pola súa parte, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, manifestou que o concello ven colaborando coa organización desta festa e subliñou que “pode animar a moita xente a visitar A Guarda e coñecer todo o noso patrimonio cultural e medio ambiental”.

A Presidenta da Deputación felicitou as tres comunidades de montes e ao concello pola posta en marcha desta festa que pon en valor unha das “cuestións que nos fai únicos e que está a ter unha gran atracción de turismo como é a cultura castrexa”.

Entre as actividades que a festa vai ter, ademais das tradicionais de música, gastronomía ou xogos, a Presidenta destacou as rutas que vanse celebrar entre o sábado e o domingo. A primeira delas, que será o sábado 24, polos camiños forestais e carreiros do Monte Trega, onde se irá explicando a localización dos xacementos e os aspectos menos coñecidos deles: como vivían os castrexos e castrexas, as agrupacións de construcións e a función de cada unha, ensinar e explicar o movemento dos asentamentos ao longo dos anos. Entre estes xacementos a visitar está o denominado “sector Mergelina”, descuberto nos anos 30, cuxa escavación se fixo no marco do protocolo asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento para a posta en valor dos xacementos da provincia de Pontevedra. A segunda ruta será cabalar o domingo 25 para coñecer os montes e o seu patrimonio natural.
Por outra parte, Carmela Silva anunciou a firma dun convenio co concello de A Guarda, asinado esta mesma mañá con Antonio Lomba, para a elaboración pola Escola de Cantería dun fito conmemorativo dedicado á Sociedade pro Monte Santa Tegra fundada en 1912, a institución que impulsou a creación do museo arqueolóxico MASAT, ubicado no cume do Monte Santa Trega.

Este fito é un menhir realizado polo alumnado da Escola de Cantería de 2.000 kg, feito en granito silvestre galego de 0,80 metros de ancho e 1,95 m de alto. A peza leva releves relacionados cos achados que apareceron nas escavacións de Trega e será inaugurado mañá mesmo.

Deja un comentario