+034 986 09 02 04 Mércores 26 de Setembro de 2018

Baiona convértese este sábado nun gran escenario ao aire libre con 14 concertos gratuítos nas súas rúas


O Concello e a Asociación de Empresarios organizan a segunda edición da ruta musical Sons do Casco
Catorce grupos musicais converterán este sábado as rúas de Baiona nun gran escenario ao aire libre. A Concellería de Cultura de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios (Aceba) organizan a segunda edición da ruta musical Sons do Casco, unha iniciativa de carácter gratuíta que enche de actuacións a Vila.
Dende as 12 da mañá ata as 12 da noite deste sábado, 14 grupos de diferentes estilos actuarán en 9 escenarios situados en diferentes recunchos da zona vella baionesa, como a Praza do Concello, a Praza do Pai Fernando, a Fonte da Laxe e a Fonte de Zeta, a Praza de Pedro de Castro ou os xardíns da Casa da Navegación.
Bloquinho Aperta iniciará a xornada ás 12:00 horas cun pasarrúas. Despois actuarán Max Gómez Trío, Pacheco Bros, Impresentables, Pequeña Gran Compañía, Wondercovers, DJ Ángel Vaqueiro, La Tribu, Arévalo & Giannetto, La Patrulla, Swing du Monde, Bechuchos, Pa Ti Na Má e Blue Monk. Bloquinho Aperta pechará o evento cuns novo pasarrúas ata as 00:00 horas.

Deja un comentario