+034 986 09 02 04 Xoves 17 de Outubro de 2019

A Concellería de Seguridade mellora a sinalización horizontal de Ponteareas


O Goberno local investirá preto de 30.000 euros do Plan Concellos en optimizar a seguridade viaria no municipio
A Concellería de Tráfico e Seguridade Cidadá do Concello de Ponteareas, que xestiona Vanesa Fernández Soage, desenvolve nestes días traballos de mellora da sinalización horizontal de Ponteareas, de cara a que “contribúa eficazmente a unha mellora da seguridade viaria no casco urbano, tanto para vehículos como para peóns”.
Nese sentido, a Concellería destinou un orzamento de preto de 30.000 euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, para traballos relacionados coa mellora da seguridade, traballos que céntranse no pintado e mellora da sinalización horizontal.
Vanesa Fernández defendeu a necesidade de “contar un orzamento anual que permita apostar e avanzar en materia de seguridade cidadá” de cara a facer de Ponteareas “un municipio cada vez máis seguro”.
Non é este o único investimento que realiza a Concellería de Seguridade Cidadá neste eido, explicaba a concelleira, xa que ao longo de todo o ano “e con fondos propios, realízanse traballos de mellora da sinalización e pintado tanto no casco urbano como nas parroquias”.
E obriga das Administracións, concluía a concelleira ponteareá, “poñer todos os medios para garantir a seguridade viaria dos veciños e veciñas, tanto dos condutores como dos peóns”.

Deja un comentario