+034 986 09 02 04 Martes 23 de Outubro de 2018

O Concello de Ponteareas recibe da empresa Darlim a súa colaboración co Centro de Reparto de Alimentos do Concello de Ponteareas


Esta mañá, o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, acompañado da concelleira da área de Servizos Sociais, Rosa Carrera Álvarez, asistiron ao parque empresarial do Porriño, a visitar a empresa Darlim S.L, propiedade do ponteareán Indalecio Cuevas Montes, o cal desde hai varios anos leva colaborando co Concello de Ponteareas, coa contribución dun lote de máis de 500 quilos de alimentos non perecedoiros.

O alcalde de Ponteareas e a concelleira da área agradecéronlle a súa colaboración e implicación desde hai varios anos co Concello de Ponteareas e o xesto solidario desta empresa, amosando a súa sensibilidade cara os máis desfavorecidos. Así mesmo, o empresario manifestou que é un orgullo poder colaborar coa súa vila natal en todo o necesario e, sobre todo, nestas datas tan sinaladas para conseguir que todas as familias pasen as festas do Nadal o mellor posible.

Deja un comentario