+034 986 09 02 04 Luns 20 de Novembro de 2017

I Andaina Xabriña Mondariz


Mondariz Asociación Deportiva vén de organizar, para o sábado 17 de xuño, a I Andaina Xabriña Mondariz que, cunha catalogación de dificultade media/alta, contará con dous percorridos, un longo de 40 quilómetros e outro ‘curto’ de 23 quilómetros.
A actividade, que conta coa colaboración do Concello de Mondariz, terá un prezo case que simbólico de 5 euros para os non socios de Mondariz Asociación Deportiva, prezo que se reduce ata os 2 euros no caso dos e das socias.
Se ben por cuestións organizativas será preciso inscribirse na actividade, o pagamento non se fará efectivo ata o día da mesma. As inscrición poden formalizarse no teléfono 655 777 023 ou ben no Bar Andén de Mondariz.

Deja un comentario