+034 986 09 02 04 Venres 17 de Novembro de 2017

Sanidade cualifica de “boa” a auga das praias fluviais de Mondariz


A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, logo dos últimos análises realizados, vén de cualificar de “boa” a calidade das augas das dúas praias fluviais de Mondariz, a do Val e a do Ceo.
A cualificación de Sanidade, permitirá que os numerosos veciños e veciñas, amais dos visitantes que todos os anos achéganse ao municipio na época estival, poidan gozar das dúas praias, situadas nun entorno natural incomparable, con toda garantía.
O Concello de Mondariz, amosou a súa satisfacción pola cualificación obtida e salientou os esforzos que se desenvolven en materia medioambiental “de cara a poñer en valor un dos grandes potenciais do municipio, como é o medio natural”.
O alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín facía referencia tamén á dificultade que supón o mantemento da calidade medioambiental das augas “nun río que Mondariz comparte con outros concellos que, afortunadamente, loitan pola súa conservación co mesmo empeño que nós”.

Deja un comentario