+034 986 09 02 04 Xoves 21 de Xuño de 2018

Brillante papel dos integrantes da Asociación deportiva Avanza


A pasada fin de semana os integrantes da Asociación Deportiva Avanza conseguían estar presentes en en 7 postos de podios nas diferentes probas levadas a cabo na xeografía galega. O pasado sábado día 17 os integrantes de categoría cadetes e masters da A.D.Avanza desprazábanse ata o concello coruñés de Oroso onde se disputaba a décima proba do Open Galego de XCO, de mans do Club Tambre Bike que baixo alerta laranxa de calor conseguía celebrar con éxito a primeira edición do Trofeo XCO concello de Oroso.
Con mais de 30º de temperatura os cadetes da familia avanza conseguín asinar un espectacular papel o conseguir rematar catro dos seus integrantes entre os dez primeiros, Xoel Montes conseguía subir o segundo posto do podio, David Fernández 6º, Oscar Fernández 7º e Rui Rêgo en oitava posición. Xa na categoría Master 30 Luís Fernández Oliveira “Oli” conseguía subir o podio o conseguir rematar a proba en terceira posición.
A xornada do domingo coas praias de Lourido no concello pontevedrés de Poio como escenario da proba e a illa de Tambo no horizonte como testemuña directa das proezas realizadas polos mais pequenos do XC galego que afrontaron unha nova xornada do campionato galego de mini BTT onde o Poio Bike Club organizaba a III do Trofeo Concello de Poio onde os integrantes da familia Avanza conseguían estar presentes en cinco postos de podio de mans de Lois Ambrosio que conseguía a quinta posición na categoría de prebenxamin masculino, na categoría promesa fémina Nerea Soto conseguía subir en segunda posición do podio nunha espectacular proba que a pesar de irse o chan nunha das múltiples viraxes. Na categoría alevin fémina Uxia Soto conseguía impoñerse con autoridade e subir o mais alto do podio, na categoría infantil masculino Sergio Lorenzo o igual que a súa compañeira Uxia conseguía impoñerse con autoridade e subir o mais alto do podio e xa na categoría infantil fémina Laura Mira conseguía subir en cuarta posición do podio da terceira edición do Trofeo do concello de Poio.

Deja un comentario