+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019

O concello de Nigrán instala novos aseos accesibles nos principais areais de nigrán e ramplas de entrada a Praia América


A actuación, enmarcada na política “Un Nigrán para todos”, supuxo un investimento de 45.000 euros
“Cremos neste proxecto, é fundamental non so por accesibilidade, se non tamén por calidade turística e imaxe do municipio”, explica o alcalde, Juan González
O Concello de Nigrán ven de instalar aseos accesibles en Praia América, Patos, Area Fofa e Madorra (os principais areais de Nigrán) e habilitar un itinerario de entrada a Praia América mediante pequenas placas de formigón prefabricado e desmontable. En total, trátase dun investimento de 45.000 euros en obras enmarcadas na política de “Un Nigrán para todos” co obxectivo de garantir a total accesibilidade ás principais praias do municipio.
“Cremos neste proxecto, é fundamental non so por accesibilidade, se non tamén por calidade turística e imaxe do municipio”, explica o alcalde, Juan González, quen considera que se trata “dunha prioridade do goberno local enmarcada na política de ‘Un Nigrán para todos'”.
Así, unha das liñas de actuación é a instalación de aseos accesibles por 27.000 euros, xa que ata agora Praia América e Patos contaban con aseos prefabricados aos que se unían WC portátiles non accesibles durante os meses de verán. Ademáis deste cambio nos dous principais areais de Nigrán, instaláronse sendos aseos accesibles en Area Fofa e Madorra, onde non había de ningún tipo. Estos novos baños son de madeira, con sanitarios antivandálicos e catro deles contan cun aseo accesible de uso mixto e outro está dotado con tres aseos (homes, mulleres e un válido para persoas con discapacidade).
Por outra banda, as catro entradas a Praia América se atopan en area, sen ningún tipo de firme, polo que era imposible o acceso en cadeira de rodas, situación pola que o goberno local decidiu habilitar un dos itinerarios con ramplas a base de pezas de formigón prefabricadas e desmontables, para o que se destinaron 18.000 euros.
O compromiso do Concello de Nigrán coa accesibilidade vai máis alá de facer beirarrúas. Así, dentro do proxecto “Un Nigrán para todos”, habilitáronse semáfornos con sinal acústica que se activa por bluetooth, reformouse o pavillón, dotouse ao Consistorio dun bucle de inducción magnética que inhibe ruídos de fondo ás persoas con problemas de oído ou se sinalizou a planta baixa con pictogramas de fácil comprensión, ademáis de por varandas en certas rúas, crear máis zona de aparcamento para discapacitados…

Deja un comentario